← Volver atrás

Prego Veira, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 18/11/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 29 anos. Veciño de San Cristóbal das Viñas, na Coruña. Operario da fábrica de gaseosas La Industrial (La Unión?). Xerente de La Tipografía Obrera.

Anarquista da CNT. Delegado do Sindicato de Cervexeiros na Confederación Rexional Galaica (CRG). Militou no Partido Sindicalista (PS).

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Fuxido. Exiliado.

José figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

O día 05/01/1937 fuxiu desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias), na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa, con dous pesqueiros.

Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón (causa pola fuga da lancha Conchita) con resultados descoñecidos.

Pasou ao Principado de Asturias, despois a Barcelona e ao remate da Guerra Civil Española exiliouse en Veracruz (México). Chegou a Tamaulipas, Nuevo Laredo (México) o día 11/09/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha