Nacemento:
Morte:
Panadeiro, 38 anos. Veciño da Coruña.
Militante da CNT coruñesa.
Despois da revolución no Principado de Asturias de outubro de 1934 foxe a Francia. No ano 1935 instalouse na Coruña.
Fuxido.
Foxe o día 05/01/1937 desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), baixo a proteción de El Despertar Marítimo.
Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.
Loitou no Exército Popular republicano, foi miliciano voluntario e capitán axudante do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias. Militou na Agrupación Confederal Galaica.
A finais de outubro de 1937, despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra e unirse aos escapados que alí se agochaban. Entre eles estaban: José Balado Gil, José-María Barros Germade, Manuel Bugallo Lois, Maximino Díaz Bugallo, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey, Serafín Varela Platero, Enrique Viadero Haya, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.
Na noite do 29/30 de outubro chegaron ao Porto do Acebo, A Fonsagrada (Lugo), onde fixeron dous grupos e durmiron en dúas cantinas; a que estaba máis achegada a Galicia asaltouna un numeroso grupo de gardas civís e falanxistas, que sorprenderon aos nove que alí se atopaban, aos que apresaron e executaron. O outro grupo, alertado polos tiros, estableceu combate cos represores, matando ao falanxista Emilio Villar.
Nos días posteriores capturaron e mataron a José Moreno e a Manuel Bugallo; a José-María Barros e a Julián Carballo prendéronos o día 04/11/1937. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.
Despois da guerra civil traballou na reorganización da CNT na compañía, entre outros, de Honorato Martínez Fuster, Julio Roca Gantes e José Blanco Casas.
Os franquistas prendérono e encarcerárono nos anos corenta.
Algunhas fontes sinalan que o seu primeiro apelido era Herguido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.