Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, militar e sindicalista, 24 anos. Veciño de Cariño (A Coruña).
Prendérono por mor dos feitos vencellados á folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Militante da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño no ano 1936.
Fuxido. Executado.
Cando se produce o golpe de Estado dos militares houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936 nos que participou Manuel.
Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do SIP de Cariño, da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarrábano no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).
Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).
Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns, tamén de Cariño, José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro, e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.
Volveu á fronte asturiana, participou na fundación da Agrupación Rexional Galaica e enrolouse no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, do que foi comisario político da 4ª Compañía desde comezos de 1937.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Fusilado en Grandas de Salime.
A finais de outubro de 1937, despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra e unirse aos escapados que alí se agochaban. Entre eles estaban: José Balado Gil, José-María Barros Germade, Manuel Bugallo Lois, Maximino Díaz Bugallo, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey, Serafín Varela Platero, Enrique Viadero Haya, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.
Na noite do 29/30 de outubro chegaron ao Porto do Acebo, A Fonsagrada (Lugo), onde fixeron dous grupos e durmiron en dúas cantinas; a que estaba máis achegada a Galicia asaltouna un numeroso grupo de gardas civís e falanxistas, que sorprenderon aos nove que alí se atopaban, aos que apresaron e executaron. O outro grupo, alertado polos tiros, estableceu combate cos represores, matando ao falanxista Emilio Villar. Nos días posteriores capturaron e mataron a José Moreno e a Manuel Bugallo; a José-María Barros e a Julián Carballo prendéronos o día 04/11/1937. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Erguido e Víctor Paradela.
Soterrárono nunha fosa común con dez dos seus compañeiros.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.