← Volver atrás

Pedruelo Tenreiro, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Veciño de Cariño. Irmán de José Pedruelo Tenreiro, tamén fuxido no Arkale.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado dos militares houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936. Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarrábano no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).

Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).

Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns tamén de Cariño José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.

Loita coas forzas republicanas no 30º Batallón Celta da 12ª Brigada Mixta, 2ª División do I Corpo de Exército de Euskadi.

Capturárono as forzas franquistas.

Estivo no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria) desde o día 26/08/1937 e pasou por diversos campos de concentración.

Xulgado en consello de guerra en Bilbao (Biscaia) polo delito de adhesión á rebelión, na causa 2738/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena conmutada en maio de 1940 pola de 12 anos de prisión.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 130 do día 10/05/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.