← Volver atrás

Suárez Hermida, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 26 anos. Veciño da rúa Fernández Latorre, 94-2º, na Coruña.

Militante da CNT. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Delegado do Sindicato de Oficios Varios na Confederación Rexional Galaica (CRG). Dirixente do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado dos militares houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936.

Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do SIP de Cariño, da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarrábano no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).

Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).

Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro, de Mañón (A Coruña); Evaristo Casas Dopico, mariñeiro, de Cariño (A Coruña); Manuel Docal Breijo, mariñeiro, de Cariño; Marcial Fernández Vázquez, mestre, de Ferrol (A Coruña); Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro de Cariño; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro, de Ortigueira (A Coruña); Manuel Novo, mariñeiro, de Cariño; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro, de Cariño, e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro, de Cariño; Vicente Pérez Pena, de Cariño; os irmáns tamén de Cariño: José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro, e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro, de Cariño; José Suárez Hermida, mariñeiro, da Coruña, e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro, de Viveiro (Lugo).

José figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Ao comezar a guerra civil fuxiu cara a zona republicana e arrestárono os fascistas en Málaga ao remate da contenda, o día 29/05/1940; ingresárono nun campo de concentración.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.