Nacemento:
Morte:
Sindicalista, 26 anos. Fillo de Luis Pita e Asunción Armada, eran 11 irmáns. Irmán de Antonio Pita Armada, Luis Pita Armada e Manuel-Francisco Pita Armada, fusilados en Ferrol o día 06/09/1936.
Militante e dirixente da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño, do que foi un dos fundadores no ano 1933.
Con motivo da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, encarcerárono na cadea de Ortigueira (A Coruña) e despois no Castelo de San Felipe, en Ferrol. De seguido do triunfo da Fronte Popular (FP) amnistiárono e saíu do cárcere.
Fuxido. Encarcerado. Exiliado.
Foxe cos seus irmáns José Pita Armada e Vicente Pita Armada o día 23/07/1936.
Cando se produce o golpe de Estado dos militares houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936. Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarrábano no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).
Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).
Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns tamén de Cariño José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.
Despois, desde Francia, pasou a Almería onde prestou servizo na Base Naval e axudou ao seu irmán José na posta en marcha da industria pesqueira de Adra (Almería) para o alimento das tropas republicanas.
Coa derrota da República exiliouse en Orán (Alxeria), onde o confinaron no campo de traballo de Suzzoni, Boghar (Alxeria).
Puido regresar a Francia pola mediación do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) e embarcou para Chile no Winnipeg cos seus irmáns José e Vicente.
Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939.
Neste barco fuxían 2078 españois, entre eles os malpicáns: Ramón Arcay Novo, Ramón de Antonia; José Castro Amigo; Pedro Chouciño Fariña; Juan-Ignacio Delgado Criado; Francisco Fariña Chouciño, Francisco de Rosa; Miguel Garrido Blanco; Bernardo-Martín Garrido Carrillo; Celestino Garrido Carrillo; Jesús Garrido Garrido; Manuel-L. Rodríguez Verdes e Ramón Rojo Pazos. De Cariño fuxiron: Valentín Pérez Picos e os irmáns José Pita Armada, Manuel Pita Armada e Vicente Pita Armada. Tamén se exiliaron José García García, Pepín da Lixivia, da Coruña; Miguel-Francisco Ferrer Gándara, de Carnota (A Cuña) e Joaquín Rodríguez Louro, de Dumbría (A Coruña).
Instalouse en Valparaíso (Chile), onde traballou nunha compañía de seguros.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.