← Volver atrás

Delgado Criado, Juan-Ignacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Temuco
(Chile)
- 01/01/2010 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 28 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Era o cuarto de 12 irmáns. Auxiliar do secretario do Xulgado de Malpica de Bergantiños. Contador do Pósito malpicán.

Presidente de Esquerda Republicana (ER) en Malpica de Bergantiños.

Depurado. Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Os franquistas suspendérono como secretario do pósito o día 30/06/1937 por orde do gobernador civil.

Foxe o día 31/08/1938 na motora Rocío; fuxida que organizou Juan-Ignacio Delgado Criado. Escaparon 29 persoas republicanas desde Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Entre os 29 escapados atópanse: Anastasio Aguilar Domínguez, viaxante; Eugenio Amigo Otero, mariñeiro; Pedro Blanco Gómez, mariñeiro; Jesús Blanco Martínez, mariñeiro; José Blanco Martínez, mariñeiro; Pedro Chouciño Fariña, mariñeiro; Juan-Ignacio Delgado Criado, funcionario (organizador); Manuel Graña Blanco, mariñeiro; Pedro Lema Caamaño, médico; Miguel Mato Mato, mariñeiro; Eliseo Novo Veiga, mariñeiro; Gabriel Ordóñez Pose, mariñeiro; Enrique Outeiro Mato, mariñeiro; José Outeiro Mato, mariñeiro; José Pose Casal, mariñeiro; Rogelio Pose Villar, mariñeiro; Ramón Rojo Pazos, mariñeiro; Antonio Rojo Varela, mariñeiro; Ramón Romay Pérez, mariñeiro; Eugenio Salvande Botana, mecánico naval; José Varela Pose, mariñeiro, e Rogelio Villar Romay, mariñeiro.

Xa en Francia confinárono no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña), na causa 2109/38 iniciada no ano 1940, polo delito de adhesión á rebelión (evasión da motora Rocío) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Jesús Blanco Martínez, José Blanco Martínez, Enrique Outeiro Mato, José Outeiro Mato, Rogelio Pose Villar, Antonio Rojo Varela, Ramón Romay Pérez, José Varela Pose e Rogelio Villar Romay. Castigaron a seis anos e un día a: Eugenio Amigo Otero, Miguel Mato Mato, Eliseo Novo Veiga, Gabriel Ordóñez Pose e José Pose Casal. Sentenzas de sobresemento provisorio para: Pedro Lema Caamaño e Eugenio Salvande Botana. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Anastasio Aguilar Domínguez, Pedro Blanco Gómez, Pedro Chouciño Fariña, Juan-Ignacio Delgado Criado, Manuel Graña Blanco, Ramón Rojo Pazos e Manuel Ruiz Arcay.

Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939.

Neste barco fuxían uns 2200 españois, entre eles os malpicáns Ramón Arcay Novo, Ramón de Antonia; José Castro Amigo; Pedro Chouciño Fariña; Juan-Ignacio Delgado Criado; Francisco Fariña Chouciño, Francisco de Rosa; Miguel Garrido Blanco; Bernardo-Martín Garrido Carrillo; Celestino Garrido Carrillo; Jesús Garrido Garrido; Manuel-L. Rodríguez Verdes e Ramón Rojo Pazos. De Cariño fuxiron Valentín Pérez Picos e os irmáns José Pita Armada, Manuel Pita Armada e Vicente Pita Armada. Tamén se exiliaron José García García, Pepín da Lixivia, da Coruña; Miguel-Francisco Ferrer Gándara, de Carnota e Joaquín Rodríguez Louro, de Dumbría.

En Chile traballou no Banco Español e, despois, adicouse ao cultivo de trigo en Allipén, Cautín (Chile).

Casou no ano 1949 con Paz Mera Pérez; tiveron un fillo e unha filla: Juan-Amador e María-Cristina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.