← Volver atrás

Fariña Chouciño, Francisco

Alcume: Francisco da Rosa
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 15/10/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 35 anos. Casado con Manuela Garrido. Veciños de Malpica de Bergantiños. Irmán de Antonio Fariña Chouciño, fuxido, exiliado e morto nun campo de concentración nazi.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado pasou dous anos agochado.

Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era o capitán, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.

Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo; José Castro Amigo; Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes; Luis Rodríguez Villar; José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.

Logo da derrota dos republicanos regresa a Francia.

A base de datos Nomes e Voces sinala que embarcou no Winnipeg cara o exilio chileno. Segundo fontes familiares e o libro de Jaime Ferrer Mir Nómina actualizada de los españoles del Winnipeg, el barco de la esperanza, Francisco non viaxou no dito barco.

Preséntase en España no ano 1948.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de sentenza a dez anos de prisión.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha