Nacemento:
Morte:
Sindicalista, 30 anos. Casado con Carmen Arcay Castiñeiras, Paoliña; tiñan unha filla e un fillo: Carmen e Manuel. Veciños de Malpica de Bergantiños.
Vicepresidente do Sindicato de Obreiros e Profesións Varias, da CNT.
Fuxido. Exiliado.
Levaba máis dun ano agochado desde o movemento reaccionario e logo deuse á fuga.
Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas as que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde tiñan a motora. Despois de tres días de travesía chegaron Audierne, preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.
Entre os 26 fuxidos contábanse: Manuel Alfeirán Carrillo, Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo, José Castro Amigo, Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes, Luis Rodríguez Villar, José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.
As autoridades francesas devolvéronos a España, a maioría pasaron a territorio republicano. Lelo loitou nunha lancha militar republicana en Barcelona.
Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha motora San Adrián) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Embargáronlle os bens.
Exiliouse en Francia, onde o acolleu unha familia francesa de panadeiros. Despois do comezo da II Guerra Mundial, escapou a Oslo e alí refixo a súa vida.
Non volveu a España.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.