← Volver atrás

Veres García, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Procesado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 20 anos. Casado con María Pose Carrillo. Veciños de Beo, San Tirso de Vilanova de Santiso, Malpica de Bergantiños.

Fuxido. Procesado.

Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica de Bergantiños ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.

Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo; José Castro Amigo; Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes; Luis Rodríguez Villar; José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.

Volve de Francia para presentarse en Hondarribia (Guipúscoa). Nas súas declaracións asegura que viaxaron a Francia forzados polos que querían fuxir.

Capturárono os fascistas.

Inculpado nunha causa militar en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar; revogouse o seu procesamento.

Internado na Prisión Provincial da Coruña do día 13 ao día 15/07/1938, ao quedar sen efecto o auto, puxérono en liberdade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha