Nacemento:
Morte:
Político e sindicalista, 51 anos. Casado con Regina Chouciño Blanco; tiveron dous fillos: José e Cándido. Veciños de Malpica de Bergantiños.
Militante da CNT. Concelleiro de Malpica de Bergantiños nas corporacións de 1931 (municipais do 31/05/1931), 1932 e 1935 e concelleiro tamén 1936, respectivamente pola Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), pola CNT e finalmente novamente pola CNT. Permaneceu de concelleiro todo o período republicano.
Nas corporacións da súa localidade de 1931 a 1936 tivo como compañeiros, entre outras persoas, a: José Carril Rodríguez, encarcerado; Olegario Otero Verdes, sancionado; Luis Villar Villar (alcalde en 1932), sancionado; Constantino Longueira Morales (alcalde en 1933 e 1936), sancionado; Alfredo Carril Rodríguez, sancionado. En 1936 tamén coincidiu con José Sande Lois (alcalde de xaneiro a abril de 1936), fuxido.
Fuxido. Encarcerado.
Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica de Bergantiños ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.
Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo; José Castro Amigo; Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes; Luis Rodríguez Villar; José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.
Pasou á zona leal, traballou na Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA) en Barcelona e despois como mariñeiro en Port-Vendres (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Regresou a Galicia en xullo de 1943.
Causa aberta en Ferrol en 1943 polo delito de rebelión militar (fuga na lancha de motor San Adrián) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.