Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e político, 35 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños.
Concelleiro de Malpica de Bergantiños nas corporacións de 1931 (municipais do 31/05/1931), 1932 e 1935 e concelleiro tamén no ano 1936, na representación nas primeiras pola Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), logo polo Partido Republicano Independente (PRI) e nas de 1936 por Esquerda Republicana (ER), da que foi membro do Comité Local de Malpica de Bergantiños. Alcalde desta localidade en 1932. Desenvolvía o cargo de concelleiro cando se produce o golpe de Estado.
Nas corporacións de 1931 a 1936 tivo como compañeiros, entre outras persoas, a: José Carril Rodríguez, encarcerado; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, encarcerado; Olegario Otero Verdes, sancionado; Constantino Longueira Morales (alcalde en 1933 e 1936), sancionado; Alfredo Carril Rodríguez, sancionado. En 1936 tamén coincidiu con José Sande Lois (alcalde de xaneiro a abril de 1936), fuxido.
Procesado. Sancionado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
Castigárono os franquistas cunha multa de 500 pesetas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.