← Volver atrás

Carril Rodríguez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Industrial e político, 35 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Irmán de Alfredo Carril Rodríguez, sancionado, e de Juan-Enrique Carril Rodríguez, tamén encarcerado.

Foi 1º tenente de alcalde nas corporacións de 1931, 1932 e 1935 e concelleiro en 1936, respectivamente pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), polo PSOE e, finalmente, polo Partido Republicano Galego (PRG).

Nas corporacións de 1931 a 1936 tivo como compañeiros, entre outras persoas, a: Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, encarcerado; Olegario Otero Verdes, sancionado; Luis Villar Villar (alcalde en 1932), sancionado; Constantino Longueira Morales (alcalde en 1933 e 1936), sancionado; Alfredo Carril Rodríguez, sancionado. En 1936 tamén coincidiu con José Sande Lois (alcalde de xaneiro a abril de 1936), fuxido.

Encarcerado. Sancionado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 899/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Enxuizado en xullo de 1937 cos seus veciños Eliseo San Luis Villar, Ramón Verdes Mato, Antonia Novo Edreira e José Rodríguez Chouciño.

Castigárono cunha multa de 1000 pesetas.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha