Nacemento:
Morte:
Sindicalista, 28 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños.
Militante da CNT e do Sindicato de Obreiros e Oficios Varios de Malpica de Bergantiños.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Foxe despois do triunfo da sublevación militar.
Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica de Bergantiños ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.
Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo; José Castro Amigo; Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes; Luis Rodríguez Villar; José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.
Loitou na fronte de Teruel e ao remate da guerra civil volveu a Francia, onde o internaron no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer, Pireneos Orientais, Occitania (Francia).
Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (fuxida da San Adrián) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Loitou contra a ocupación nazi e arrestárono os nazis cando tentaba cruzar a fronteira cara Suíza.
Preso dos nazis en Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o internaron o día 25/01/1941.
Liberado polos aliados o día 05/05/1945.
Casou con Germana Gilquin.
Queda no exilio en Francia e regresou a Malpica de Bergantiños no ano 1978.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.