← Volver atrás

Garrido Carrillo, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 31 anos. Casado. Veciños de Malpica de Bergantiños. Irmán de Bernardino-Martín Garrido Carrillo, fuxido no Ciudad de Montevideo e exiliado, e de Celestino Garrido Carrillo, sindicalista e fuxido con el no San Adrián.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938.

Eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.

Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo; José Castro Amigo; Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes; Luis Rodríguez Villar; José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Figura entre os refuxiados no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Exiliouse en Chile.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha