← Volver atrás

Arcay Castiñeiras, Carmen

Alcume: Paoliña
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 30 anos. Casada co mariñeiro e sindicalista Manuel Alfeirán Carrillo, Lelo de Rosa; tiñan unha filla e un fillo: Carmen e Manuel. Veciños de Malpica de Bergantiños.

O seu home foi vicepresidente do Sindicato de Obreiros e Profesións Varias, da CNT.

Vítima colateral.

Manuel levaba máis dun ano agochado desde o movemento reaccionario e logo deuse á fuga.

O seu home foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas as que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde tiñan a motora. Despois de tres días de travesía chegaron Audierne, preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.

As autoridades francesas devolvéronos a España, a maioría pasaron a territorio republicano. Lelo loitou nunha lancha militar republicana en Barcelona. Procesárono nunha causa en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha motora San Adrián) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía, embargáronlle os bens.

O seu home exiliouse en Francia, onde o acolleu unha familia francesa de panadeiros; despois do comezo da II Guerra Mundial, escapou a Oslo e alí refixo a súa vida.

Lelo de Rosa non volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha