Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 19 anos. Veciño de Santa Uxía do Ézaro, Dumbría. Irmán de Manuel Rodríguez Louro, morto no campo de extermino do Castelo de Hartheim (Alkoven, Austria) e de José Rodríguez Louro, encarcerado.
Militante da CNT.
Fuxido. Exiliado.
Despois de permanecer agochados no Monte Pindo durante máis dun ano, o sábado 16/10/1937 un grupo de 13 persoas de Carnota e Dumbría decidiron facerse coa motora O As de Sel, propiedade de Antonio Sel, e escapar da guerra e da represión a que os sometían a eles e aos familiares e veciños. Baixaron ao porto do Sinal e fixéronse co barco despois de ameazar á tripulación a punta de pistola. Incautaron combustible e provisións en Corcubión e Fisterra e, no medio do temporal, puxeron rumbo a Inglaterra; aos dous días auxiliounos e remolcounos o vapor inglés SS Strib ata Bristol (Inglaterra). As autoridades inglesas, polo Pacto de no Intervención, devolvéronos a Cataluña, a través de Francia, e tiveron que loitar no exército republicano.
Os 13 fuxidos eran os veciños de Santa María de Lira, Carnota (A Coruña) Manuel Caamaño González e os de San Clemente do Pindo, Carnota: Ángel Casais Caamaño; Luis Casais Casais, estudante; José-Joaquín Casais Piñeiro; José Piñeiro Casais; Manuel Piñeiro López; os irmáns Alfredo Piñeiro Riveiro e Constantino Piñeiro Riveiro. Tamén fuxiron os veciños do Ézaro: Domingo-Antonio Castro Rodríguez, Manuel-Francisco Ferrer Gándara, Manuel Lago Sambade e os irmáns Manuel Rodríguez Louro e Joaquín Rodríguez Louro.
A moitos deles procesáronos en Ferrol (A Coruña) o día 20/11/1937, na causa 474/37, polos delitos de piratería, roubo e rebeldía.
Procedemento aberto en Ferrol polo delito de deserción e pola desaparición do pesqueiro As de Sel co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
A Joaquín deportárono de Inglaterra á zona republicana e loitou co Exército Popular da República no decurso da guerra civil.
Ao remate da contenda española foxe a Francia.
Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939.
Neste barco fuxían uns 2200 españois, entre eles os malpicáns: Ramón Arcay Novo, Ramón de Antonia; José Castro Amigo; Pedro Chouciño Fariña; Juan-Ignacio Delgado Criado; Francisco Fariña Chouciño, Francisco de Rosa; Miguel Garrido Blanco; Bernardo-Martín Garrido Carrillo; Celestino Garrido Carrillo; Jesús Garrido Garrido; Manuel-L. Rodríguez Verdes e Ramón Rojo Pazos. De Cariño (A Coruña) fuxiron: Valentín Pérez Picos e os irmáns José Pita Armada, Manuel Pita Armada e Vicente Pita Armada. Tamén se exiliaron José García García, Pepín da Lixivia, da Coruña; Miguel-Francisco Ferrer Gándara, de Carnota e Joaquín Rodríguez Louro, de Dumbría.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.