Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e militar, 20 anos. Veciño de Santa Uxía do Ézaro. Irmán de José Rodríguez Louro, encarcerado e de Joaquín Rodríguez Louro, fuxido con el a Inglaterra e exiliado.
Militante da CNT.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.
Despois de permanecer agochados no Monte Pindo durante máis dun ano, o sábado 16/10/1937 un grupo de 13 persoas de Carnota e Dumbría decidiron facerse coa motora O As de Sel, propiedade de Antonio Sel, e escapar da guerra e da represión a que os sometían a eles e aos familiares e veciños. Baixaron ao porto do Sinal e fixéronse co barco despois de ameazar á tripulación a punta de pistola. Incautaron combustible e provisións en Corcubión e Fisterra e, no medio do temporal, puxeron rumbo a Inglaterra; aos dous días auxiliounos e remolcounos o vapor inglés SS Strib ata Bristol (Inglaterra). As autoridades inglesas, polo Pacto de no Intervención, devolvéronos a Cataluña, a través de Francia, e tiveron que loitar no exército republicano.
Os 13 fuxidos eran os veciños de Santa María de Lira, Carnota (A Coruña) Manuel Caamaño González e os de San Clemente do Pindo, Carnota: Ángel Casais Caamaño; Luis Casais Casais, estudante; José-Joaquín Casais Piñeiro; José Piñeiro Casais; Manuel Piñeiro López; os irmáns Alfredo Piñeiro Riveiro e Constantino Piñeiro Riveiro. Tamén fuxiron os veciños do Ézaro: Domingo-Antonio Castro Rodríguez, Manuel-Francisco Ferrer Gándara, Manuel Lago Sambade e os irmáns Manuel Rodríguez Louro e Joaquín Rodríguez Louro.
A moitos deles procesáronos en Ferrol (A Coruña) o día 20/11/1937, na causa 474/37, polos delitos de piratería, roubo e rebeldía.
Deportado desde Inglaterra á zona republicana e loita no Exército Popular da República na guerra civil.
Ao remate da contenda foxe a Francia. Internárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e incorporárono aos batallóns de traballadores estranxeiros, onde o destinaron a traballos na Liña Maginot.
Preso dos nazis, enviárono a Tréveris stalag XII-D (Alemaña). Deportárono ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde ingresa o día 25/01/1941 e traballou na canteira dos 186 chanzos. Manuel enferma e trasládano ao sub-campo de Gusen (Austria), onde o internan o día 17/02/1941. O día 16/08/1941 ingresárono en Hartheim, onde se rexistra a súa morte, gaseado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.