← Volver atrás

Caamaño González, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Santa María de Lira, Carnota
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Veciño de San Clemente do Pindo, Carnota.

Fuxido.

Despois de permanecer agochados no Monte Pindo durante máis dun ano, o sábado 16/10/1937 un grupo de 13 persoas de Carnota e Dumbría decidiron facerse coa motora O As de Sel, propiedade de Antonio Sel, e escapar da guerra e da represión á que os sometían a eles e aos familiares e veciños. Baixaron ao porto do Sinal e fixéronse co barco despois de ameazar á tripulación a punta de pistola. Incautaron combustible e provisións en Corcubión e Fisterra e, no medio do temporal, puxeron rumbo a Inglaterra. Aos dous día auxiliounos e remolcounos o vapor inglés SS Strib ata Bristol (Inglaterra). As autoridades inglesas, polo Pacto de no Intervención, devolvéronos a Cataluña, a través de Francia, e tiveron que loitar coas tropas republicanas.

Os 13 fuxidos eran os veciños de Lira Manuel Caamaño González e os de San Clemente do Pindo, Carnota Ángel Casais Caamaño; Luis Casais Casais, estudante; José-Joaquín Casais Piñeiro; José Piñeiro Casais; Manuel Piñeiro López; os irmáns Alfredo Piñeiro Riveiro e Constantino Piñeiro Riveiro. Tamén fuxiron os veciños de Santa Uxía do Ézaro, Dumbría (A Coruña) Domingo-Antonio Castro Rodríguez, Manuel-Francisco Ferrer Gándara, Manuel Lago Sambade e os irmáns Manuel Rodríguez Louro e Joaquín Rodríguez Louro.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas e pola fuxida da motora As) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha