← Volver atrás

Piñeiro Casais, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Carnota
(A Coruña)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 21 anos. Veciño San Clemente do Pindo, Carnota.

Fuxido.

Despois de permanecer agochados no Monte Pindo durante máis dun ano, o sábado 16/10/1937 un grupo de 13 persoas de Carnota e Dumbría decidiron facerse coa motora O As de Sel, propiedade de Antonio Sel, e escapar da guerra e da represión a que os sometían a eles e aos familiares e veciños. Baixaron ao porto do Sinal e fixéronse co barco despois de ameazar á tripulación a punta de pistola. Incautaron combustible e provisións en Corcubión e Fisterra e, no medio do temporal, puxeron rumbo a Inglaterra; aos dous días auxiliounos e remolcounos o vapor inglés SS Strib ata Bristol (Inglaterra). As autoridades inglesas, polo Pacto de no Intervención, devolvéronos a Cataluña, a través de Francia, e tiveron que loitar no exército republicano.

Os 13 fuxidos eran os veciños de Santa María de Lira, Carnota: Manuel Caamaño González e os do Pindo: Ángel Casais Caamaño; Luis Casais Casais, estudante; José-Joaquín Casais Piñeiro; José Piñeiro Casais; Manuel Piñeiro López; os irmáns Alfredo Piñeiro Riveiro e Constantino Piñeiro Riveiro. Tamén fuxiron os veciños do Santa Uxía do Ézaro, Dumbría (A Coruña): Domingo-Antonio Castro Rodríguez, Manuel-Francisco Ferrer Gándara, Manuel Lago Sambade e os irmáns Manuel Rodríguez Louro e Joaquín Rodríguez Louro.

Volve a España e loita no Exército Popular republicano na guerra civil.

Semella que en abril de 1937 era mariñeiro de 2ª no acoirazado republicano Jaime I.

A moitos deles procesáronos en Ferrol (A Coruña), na causa 474/37, do día 20/11/1937 polos delitos de piratería, roubo e rebeldía.

Xulgado en Ferrol en varios procesos militares polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Entrégase en Valencia aos rebeldes e retómase o seu procesamento en Ferrol co resultado de sentenza a seis anos de prisión menor.

A súa familia non volveu saber del e afixéronse á idea da súa posible morte en Torrevieja (Alacante).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha