← Volver atrás

Arcay Novo, Ramón

Alcume: Ramón da Antonia
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 27 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Irmán de Bernardino Arcay Novo, tamén fuxido e exiliado.

Afiliado á CNT e membro do Sindicato de Obreiros e Profesións Varias da súa localidade.

Fuxido. Exiliado.

Foxe o día 28/06/1937 a Francia con outros dez compañeiros na lancha de motor Ciudad de Montevideo, que patroneaba Antonio Suárez Blanco. Saíron das Sisargas, en Malpica de Bergantiños e chegaron a Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia).

Fuxiron desde As Sisargas (Malpica de Bergantiños): Bernardino Arcay Novo, mariñeiro; Ramón Arcay Novo, mariñeiro; Luis Blanco Martínez, mariñeiro; Bernardino-Martín Garrido Carrillo, mariñeiro; Balbino Oroza Otero, mariñeiro; Antonio Pose Castiñeiras, industrial; Cándido Rodríguez Villar, motorista, e catro irmáns, Antonio Suárez Blanco, patrón do barco (que pertencía á súa sogra, Tía Ánxela); David Suárez Blanco, mariñeiro; Jesús Suárez Blanco, mariñeiro, e José Suárez Blanco, mariñeiro.

O Ciudad de Montevideo era unha motora construída no 1932 en Malpica de Bergantiños, tiña 12,5 m de eslora e tres e pico de manga, equipada cun motor Baldwin de 20 CV e unha velocidade máxima de cinco nós/h. Dous ou tres días despois chegaron a Douarnenez e a nove repatriáronos a España, á zona republicana.

Poliño e Jesús de Suares evitan a repatriación. Jesús atopa traballo e acubillo en Trèboul, Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia), na cociña dun restaurante, e Poliño nunha granxa, preto de Douarnenez.

Ramón é dos devoltos polo Goberno francés á zona republicana española. Ao caer Cataluña pasa a Francia e confinárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) en abril de 1942 pola fuxida da motora Ciudad de Montevideo , na causa 253/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste proceso condenaron a 12 anos de cadea a Bernardino Arcay Novo e declararon fuxidos e en rebeldía a: Ramón Arcay Novo, Luis Blanco Martínez, Bernardino-Martín Garrido Carrillo, Balbino Oroza Otero, Antonio Pose Castiñeiras, Cándido Rodríguez Villar e os irmáns Antonio Suárez Blanco, David Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco e José Suárez Blanco.

Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939. Neste barco fuxían uns 2200 españois, entre eles os malpicáns Ramón Arcay Novo, Ramón de Antonia; José Castro Amigo; Pedro Chouciño Fariña; Juan-Ignacio Delgado Criado; Francisco Fariña Chouciño, Francisco de Rosa; Miguel Garrido Blanco; Bernardo-Martín Garrido Carrillo; Celestino Garrido Carrillo; Jesús Garrido Garrido; Manuel-L. Rodríguez Verdes e Ramón Rojo Pazos. De Cariño fuxiron Valentín Pérez Picos e os irmáns José Pita Armada, Manuel Pita Armada e Vicente Pita Armada. Tamén se exiliaron José García García, Pepín da Lixivia, da Coruña; Miguel-Francisco Ferrer Gándara, de Carnota e Joaquín Rodríguez Louro, de Dumbría.

Desde Chile e con outros malpicáns marchou ao Perú, onde traballa de mariñeiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.