← Volver atrás

Oroza Otero, Balbino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Ribadeo
(Lugo)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 09/12/1982 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Casado; tiveron dous fillos. Veciños de San Pedro de Rinlo, Ribadeo.

Fuxido.

Foxe o día 28/06/1937 a Francia con outros dez compañeiros, na lancha de motor Ciudad de Montevideo, que patroneaba Antonio Suárez Blanco. Saíron das Sisargas, en Malpica de Bergantiños (A Coruña) e chegaron a Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia).

Fuxiron desde As Sisargas: Bernardino Arcay Novo, mariñeiro; Ramón Arcay Novo, mariñeiro; Luis Blanco Martínez, mariñeiro; Bernardino-Martín Garrido Carrillo, mariñeiro; Balbino Oroza Otero, mariñeiro; Antonio Pose Castiñeiras, industrial; Cándido Rodríguez Villar, motorista, e catro irmáns: Antonio Suárez Blanco, patrón do barco (que pertencía á súa sogra, Tía Ánxela); David Suárez Blanco, mariñeiro; Jesús Suárez Blanco, mariñeiro, e José Suárez Blanco, mariñeiro.

O Ciudad de Montevideo era unha motora construída no 1932 en Malpica de Bergantiños, tiña 12,5 m de eslora e tres e pico de manga, equipada cun motor Baldwin de 20 CV e unha velocidade máxima de cinco nós/h. Dous ou tres días despois chegaron a Douarnenez e a nove repatriáronos a España, á zona republicana.

Poliño e Jesús de Suares evitan a repatriación. Jesús atopa traballo e acubillo en Trèboul, Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia), na cociña dun restaurante, e Poliño nunha granxa, preto de Douarnenez.

Balbino é dos devoltos polo Goberno francés á zona republicana.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) en abril de 1942 pola fuxida da motora Ciudad de Montevideo, na causa 253/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No dito proceso condenaron a 12 anos de cadea a Bernardino Arcay Novo e declararon fuxidos e en rebeldía a: Ramón Arcay Novo, Luis Blanco Martínez, Bernardino-Martín Garrido Carrillo, Balbino Oroza Otero, Antonio Pose Castiñeiras, Cándido Rodríguez Villar e aos irmáns: Antonio Suárez Blanco, David Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco e José Suárez Blanco.

Indultárono en decembro de 1955.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.