Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e sindicalista, 33 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Viúvo, a súa dona finou no 1935 ao parir á súa filla. Irmán de Jesús Blanco Martínez, o Tío Moro, fuxido, preso de guerra e logo encarcerado; e de José Blanco Martínez, o Tío Blanco, fuxido, exiliado e logo encarcerado.
Fuxido. Exiliado.
Logo do comezo da Guerra Civil chamárono para incorporarse a filas.
Foxe o día 28/06/1937 a Francia con outros dez compañeiros na lancha de motor Ciudad de Montevideo, que patroneaba Antonio Suárez Blanco. Saíron das Sisargas, en Malpica de Bergantiños e chegaron a Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia).
Fuxiron desde As Sisargas: Bernardino Arcay Novo, mariñeiro; Ramón Arcay Novo, mariñeiro; Luis Blanco Martínez, mariñeiro; Bernardino-Martín Garrido Carrillo, mariñeiro; Balbino Oroza Otero, mariñeiro; Antonio Pose Castiñeiras, industrial; Cándido Rodríguez Villar, motorista, e catro irmáns, Antonio Suárez Blanco, patrón do barco (que pertencía á súa sogra, Tía Ánxela); David Suárez Blanco, mariñeiro; Jesús Suárez Blanco, mariñeiro, e José Suárez Blanco, mariñeiro.
O Ciudad de Montevideo era unha motora construída no 1932 en Malpica de Bergantiños, tiña 12,5 m de eslora e tres e pico de manga, equipada cun motor Baldwin de 20 CV e unha velocidade máxima de cinco nós/h. Dous ou tres días despois chegaron a Douarnenez e a nove repatriáronos a España, á zona republicana.
Poliño e Jesús de Suares evitan a repatriación. Jesús atopa traballo e acubillo en Trèboul, Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia), na cociña dun restaurante, e Poliño nunha granxa, preto de Douarnenez.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) en abril de 1942, na causa 253/37, pola fuxida da motora Ciudad de Montevideo, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Condenaron a 12 anos de cadea a Bernardino Arcay Novo e declararon fuxidos e en rebeldía a: Ramón Arcay Novo, Luis Blanco Martínez, Bernardino-Martín Garrido Carrillo, Balbino Oroza Otero, Antonio Pose Castiñeiras, Cándido Rodríguez Villar e os irmáns Antonio Suárez Blanco, David Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco e José Suárez Blanco.
Luis, despois de que rematara a II Guerra Mundial, traballa no porto de Douarnenez de barqueiro e non volve a Malpica de Bergantiños ata morrer; tiña medo ás represalias.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.