← Volver atrás

Suárez Blanco, Antonio

Alcume: Coruña
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 06/05/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Malpica de Bergantiños
- 01/01/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 29 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Patrón de pesca. Irmán de David Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco e José Suárez Blanco, fuxidos con el.

Militante da CNT e membro do Sindicato de Obreiros e Profesións Varias de Malpica de Bergantiños.

Fuxido. Exiliado.

Foxe o día 28/06/1937 a Francia, con outros dez compañeiros, na lancha de motor Ciudad de Montevideo, que patroneaba Antonio Suárez Blanco. Saíron das Sisargas, en Malpica de Bergantiños e chegaron a Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia).

Fuxiron desde As Sisargas: Bernardino Arcay Novo, mariñeiro; Ramón Arcay Novo, mariñeiro; Luis Blanco Martínez, mariñeiro; Bernardino-Martín Garrido Carrillo, mariñeiro; Balbino Oroza Otero, mariñeiro; Antonio Pose Castiñeiras, industrial; Cándido Rodríguez Villar, motorista, e catro irmáns: Antonio Suárez Blanco, patrón do barco (que pertencía á súa sogra, Tía Ánxela); David Suárez Blanco, mariñeiro; Jesús Suárez Blanco, mariñeiro, e José Suárez Blanco, mariñeiro.

O Ciudad de Montevideo era unha motora construída no 1932 en Malpica de Bergantiños, tiña 12,5 m de eslora e tres e pico de manga, equipada cun motor Baldwin de 20 CV e unha velocidade máxima de cinco nós/h. Dous ou tres días despois chegaron a Douarnenez, a nove repatriáronos a España, á zona republicana.

Poliño e Jesús de Suares evitan a repatriación. Jesús atopa traballo e acubillo en Trèboul, Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia), na cociña dun restaurante, e Poliño nunha granxa, preto de Douarnenez.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) en abril de 1942, na causa 253/37, pola fuxida da motora Ciudad de Montevideo.

No dito xuízo condenaron a 12 anos de cadea a Bernardino Arcay Novo e declararon fuxidos e en rebeldía a: Ramón Arcay Novo, Luis Blanco Martínez, Bernardino-Martín Garrido Carrillo, Balbino Oroza Otero, Antonio Pose Castiñeiras, Cándido Rodríguez Villar e os irmáns Antonio Suárez Blanco, David Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco e José Suárez Blanco.

Residía en Francia cando comeza a II Guerra Mundial.

Preso dos nazis en Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña); deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o internaron o día 25/01/1941; trasladado ao sub-campo de Gusen (Austria) o día 08/04/1941.

Liberado polos aliados o día 05/05/1945.

Antonio entrégase no ano 1948 no consulado español de Nova York (Estados Unidos) e, despois, entregouse na Coruña en xaneiro de 1949.

En xullo de 1949 condenárono a seis anos de prisión. En abril de 1951 recibe o indulto total. Pasou 27 meses no cárcere (moito tempo xogando ao xadrez con figuras de miga de pan).

Entre 1937 e 1949: patroneou o Ciudad de Montevideo, loitou na fronte de Cataluña, pasou polo campo francés de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), loitou na resistencia francesa, prendérono e ingresárono en Mauthausen (Austria) e, tempo andado, en Gusen, o Inferno (Austria).

Finalmente marchou a Venezuela e aos Estados Unidos.

Entregouse na Coruña en xaneiro de 1949, condenárono a seis anos de prisión en xullo; en abril 1951 indultárono da totalidade da pena.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.