← Volver atrás

Arcay Novo, Bernardino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/02/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 24 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Irmán de Ramón Arcay Novo, tamén fuxido e exiliado.

Afiliado á CNT, no Sindicato de Obreiros e Profesións Varias da súa localidade.

Fuxido. Encarcerado.

Diante da chamada a filas para ir á fronte de guerra decide escapar.

Foxe o día 28/06/1937 a Francia con outros dez compañeiros na lancha de motor Ciudad de Montevideo, que patroneaba Antonio Suárez Blanco. Saíron das Sisargas, en Malpica de Bergantiños e chegaron a Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia).

Fuxiron desde As Sisargas (Malpica de Bergantiños): Bernardino Arcay Novo, mariñeiro; Ramón Arcay Novo, mariñeiro; Luis Blanco Martínez, mariñeiro; Bernardino-Martín Garrido Carrillo, mariñeiro; Balbino Oroza Otero, mariñeiro; Antonio Pose Castiñeiras, industrial; Cándido Rodríguez Villar, motorista, e catro irmáns, Antonio Suárez Blanco, patrón do barco (que pertencía á súa sogra, Tía Ánxela); David Suárez Blanco, mariñeiro; Jesús Suárez Blanco, mariñeiro, e José Suárez Blanco, mariñeiro.

O Ciudad de Montevideo era unha motora construída no 1932 en Malpica de Bergantiños, tiña 12,5 m de eslora e tres e pico de manga, equipada cun motor Baldwin de 20 CV e unha velocidade máxima de cinco nós/h. Dous ou tres días despois chegaron a Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia) e a nove repatriáronos a España, á zona republicana.

Poliño e Jesús de Suares evitan a repatriación. Jesús atopa traballo e acubillo en Trèboul, Douarnenez (Finisterre, Bretaña, Francia), na cociña dun restaurante, e Poliño nunha granxa, preto de Douarnenez.

Bernardino é dos devoltos polo Goberno francés á zona republicana. Enrólase na Mariña republicana en Valencia e logo en Cartagena. En abril de 1939 foxe a Bizerta (Tunes) e en setembro de 1939 ingresa detido en Rota (Cádiz). A finais de 1941 acaba ingresado na Escollera (Ferrol).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) en abril de 1942 pola fuxida da motora Ciudad de Montevideo, na causa 253/37, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión debido aos informes desfavorables de certas autoridades de Malpica de Bergantiños.

No dito expediente condenaron a 12 anos de cadea a Bernardino Arcay Novo e declararon fuxidos e en rebeldía a: Ramón Arcay Novo, Luis Blanco Martínez, Bernardino-Martín Garrido Carrillo, Balbino Oroza Otero, Antonio Pose Castiñeiras, Cándido Rodríguez Villar e os irmáns Antonio Suárez Blanco, David Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco e José Suárez Blanco.

Pena conmutada con posterioridade pola de seis anos de prisión menor.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 299 do día 26/10/1942.

Once persoas de "garantía e solvencia" de Malpica de Bergantiños asinaron un manifesto no seu favor e o día 06/08/1942 danlle a liberdade condicional e volve a Malpica de Bergantiños.

En 1951 concédenlle a liberdade definitiva.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.