← Volver atrás

Pita Armada, Manuel-Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 06/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 35 anos. Veciño de Ortigueira (A Coruña). Fillo de Luis Pita e Asunción Armada, eran 11 irmáns. Dous dos seus irmáns eran significados líderes da CNT en Cariño, Vicente Pita Armada, fuxido no Arkale e exiliado en Chile, Manuel Pita Armada e José Pita Armada, tamén fuxidos no Arkale.

Concelleiro de Ortigueira en 1936 pola Fronte Popular (FP). Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros da Corporación de Ortigueira de 1936, entre outras persoas, a: Alfredo Rebollar Martínez (alcalde), procesado e encarcerado; Luis Pita Armada (o seu irmán), asasinado; Manuel Breijo Lorenzo, asasinado; Gerardo Castrillón Martínez, procesado; Narciso Polo Paz, asasinado; Dionisio Díaz Fojo, procesado.

Paseado.

Despois do triunfo da sublevación varios dos seus irmáns e outros veciños de Cariño participaron na evasión do boniteiro Arkale; Manuel-Francisco, Luis e Antonio negáronse a fuxir e quedaron en Cariño coas súas familias porque non fixeran nada malo a ninguén.

Os rebeldes detivérono xunto aos seus irmáns Luis Pita Armada e Antonio Pita Armada, porque eran os irmáns de dous destacados militantes da CNT de Cariño; aos tres fusiláronos en Ferrol o 6 de setembro de 1936.

Morte rexistrada na cidade de Ferrol por mor de feridas producidas por arma de fogo a mans da forza pública franquista.

O día 6 de setembro fusilaron en Ferrol os seguintes veciños de Cariño: Francisco Anido Pérez, chofer; José Casal Casas, mariñeiro; Jesús Díaz Pérez, mariñeiro; Francisco Novo Lozano; Adelino Pérez Breijo; os irmáns Antonio Pita Armada, toneleiro; Luis Pita Armada, mariñeiro, e Manuel-Francisco Pita Armada, industrial; Jesús Quiza Picos, mariñeiro; Modesto Senra Martínez, albanel; José-Antonio Timiraos, mariñeiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha