Nacemento:
Morte:
Chofer e político, 33 anos. Veciño de Cariño. Fillo de Luis Pita e Asunción Armada, eran 11 irmáns. Dous dos seus irmáns eran significados líderes da CNT en Cariño, Vicente Pita Armada, fuxido no Arkale e exiliado en Chile, Manuel Pita Armada e José Pita Armada, tamén fuxidos no Arkale.
Afiliado ao Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño, da CNT. Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade.
Concelleiro de Ortigueira en 1936 e 2º tenente de alcalde; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros da Corporación de Ortigueira de 1936, entre outras persoas, a: Alfredo Rebollar Martínez (alcalde), procesado e encarcerado; Manuel-Francisco Pita Armada (o seu irmán), asasinado; Manuel Breijo Lorenzo, asasinado; Gerardo Castrillón Martínez, procesado; Narciso Polo Paz, asasinado; Dionisio Díaz Fojo, procesado.
Paseado.
Despois do triunfo da sublevación varios dos seus irmáns e outros veciños de Cariño participaron na evasión do boniteiro Arkale; Luis, Manuel-Francisco e Antonio negáronse a fuxir e quedaron en Cariño coas súas familias porque non fixeran nada malo a ninguén.
Os rebeldes detivérono xunto aos seus irmáns Manuel-Francisco Pita Armada e Antonio Pita Armada, porque eran os irmáns de dous destacados militantes da CNT de Cariño; aos tres fusiláronos en Ferrol o día 6 de setembro de 1936 como represalia á fuxida do Arkale.
Morte rexistrada en Ferrol por mor de feridas producidas por arma de fogo; asasinado a mans da forza pública franquista.
O día 6 de setembro fusilaron en Ferrol os seguintes veciños de Cariño: Francisco Anido Pérez, chofer; José Casal Casas, mariñeiro; Jesús Díaz Pérez, mariñeiro; Francisco Novo Lozano; Adelino Pérez Breijo; os irmáns Antonio Pita Armada, toneleiro; Luis Pita Armada, mariñeiro, e Manuel-Francisco Pita Armada, industrial; Jesús Quiza Picos, mariñeiro; Modesto Senra Martínez, albanel; José-Antonio Timiraos, mariñeiro.
Soterrárono no cemiterio de Canido, en Ferrol.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.