Nacemento:
Morte:
Mestre, escritor e político, 37 anos. Casou en 1918 coa aristócrata Josefa Losada Vázquez, quen foi desherdada polos seus pais por este casamento. Veciños de Ferrol. Enfermeiro no Hospital da Mariña en Ferrol.
Militante do Agrupación Socialista (AS) de Ferrol e da UXT. Candidato a deputado en 1931, non obtivo acta.
Encarcerado a causa da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 cando os folguistas trataran de facerse co poder local.
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, designárono director provincial de Carabineiros. Participou no desenvolvemento do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Fundado e director de El Obrero en Ferrol; colaborou con La Lucha da Coruña e con Solidaridad de Vigo.
Membro desde 1934 da loxa masónica Francisco Suárez nº 10.
Fuxido. Exiliado.
Ao comezar a guerra civil foxe a Francia desde Cariño (A Coruña), na noite do 23 ao 24 de xullo de 1936, no Arkale e co seu fillo Eladio Fernández, de 18 anos, despois dunha marcha a pe desde Ferrol. Pasaron unha noite na casa dun militante de Esquerda Republicana (ER) de Mera.
No decorrer do golpe sedicioso houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936. Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona o amarraran no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).
Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban na bodega. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal á República e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).
Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro, e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro, e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro, e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Volve a España, a Barcelona, para loitar contra os sublevados, En 1938 nomeárono director xeral do Instituto de Carabineiros no Goberno de Juan Negrín López.
Ao rematar a contenda española volve fuxir a Francia.
Despois embarcou no Queen Mary rumbo a Nova York (Estados Unidos) e o día 28/06/1919 chegou a Veracruz no buque Ipanema.
En México exerceu de profesor no Instituto Ruiz Alarcón. No ano 1943 participou na creación da Alianza Nacional Galega (ANG) a pesares de non ser un nacionalista radical.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1947.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.