← Volver atrás

Balado Gil, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Forcarei
(Pontevedra)

Morte:

Alto do Acevo, San Bartolo de Monteseiro, A Fonsagrada
(Lugo)
- 30/11/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel. Veciño de Forcarei.

Militante da UXT e do PCE.

Paseado.

Sarxento de milicias republicanas da 1ª Sección da 42ª Compañía do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª Compañía do III Corpo de Exército de Asturias; acadou o grao de tenente en outubro de 1937.

A finais de outubro de 1937, despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra e unirse aos escapados que alí se agochaban. Entre eles estaban: José Balado Gil, José-María Barros Germade, Manuel Bugallo Lois, Maximino Díaz Bugallo, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey, Serafín Varela Platero, Enrique Viadero Haya, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.

Na noite do 29 ao 30 de outubro chegaron ao Porto do Acebo, A Fonsagrada (Lugo), onde fixeron dous grupos e durmiron en dúas cantinas; a que estaba máis achegada a Galicia asaltouna un numeroso grupo de gardas civís e falanxistas, que sorprenderon aos nove que alí se atopaban, aos que apresaron e executaron. O outro grupo, alertado polos tiros, estableceu combate cos represores, matando ao falanxista Emilio Villar. Nos días posteriores capturaron e executaron a José Moreno e a Manuel Bugallo; a José-María Barros e a Julián Carballo prendéronos o día 04/11/1937. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Erguido e Víctor Paradela.

Soterrárono nunha fosa común no Alto do Acevo con outras sete persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha