← Volver atrás

Martínez Fernández, Maximino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Seilán, San Xián de Tarás, Outes
(A Coruña)
- 06/08/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto do Acevo, San Bartolo de Monteseiro, A Fonsagrada
(Lugo)
- 29/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 26 anos. Veciño de Seilán.

Militante da CNT e presidente do Sindicato de Campesiños e Oficios Varios da Ponte Nafonso, San Tirso de Cando, Outes.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o golpe militar Francisco Marín Moya desenvolvía a capitanía dos carabineiros da zona e mantivo as guarnicións fieis á República, tomando o control de toda a zona e acuartelando ás súas forzas, uns 90 homes, en Noia (A Coruña). Eran carabineiros de Noia, Muros, Esteiro, Lira, O Freixo, Porto do Son, Corrubedo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Corcubión, Cee, Muxía e Camariñas, aos que concentraron entre o 20 e o 22 de xullo.

Co alcalde interino de Muros (A Coruña), José Veloso Mayo, Trotski, acordou, o día 24 de xullo, a incautación dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Cando tivo aviso de que o día 26 soldados de Artillería de Santiago de Compostela (A Coruña) querían tomar Noia, trasladou en camións a Muros aos republicanos e carabineiros que quixeran escapar.

Foxe nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa, o día 26/07/1936 desde Muros ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.

Os fuxidos eran os membros do Corpo de Carabineiros: Francisco Marín Moya, Policarpo Aragoncillo Merodio, Ricardo Sánchez Ortega, Adolfo Rodrigo Conde, Fernando Mata Cayetano, Víctor García Yagüe, Ramón Pereira Barreiro, Agustín Rodríguez Alonso-Chaves, Saturnino Montero Simón, Manuel Sánchez Ortiz, Manuel Santos Burruel, Victoriano Sánchez Moreno, Teófilo Vasco Santaolalla, Antonio Díaz Ruiz, Sebastián Martín Cuadrado, Manuel Fernández Costa, Justo Gómez Vergés, Ricardo del Puerto Prado, Francisco Viviani Casas, Agustín Cañestro Rojas, David Pérez González, Severiano Morales Ropero, Florentino Gómez Acedo, José García Blázquez, José García Magdaleno, Manuel Gómez Cano, Emilio Hernando Fresno, Aurelio Juez Pastor, Felipe Vera Vera, Pablo Díaz Sierra, Romualdo Sánchez Donato, Manuel Arenal Martín, Eduardo Puente García, Manuel del Rey Rodríguez, Ricardo Solana Fernández, Federico Guardia Helguera, Domingo Lemus Suárez, Ramón López López e Prudencio Romo Rodríguez.

Tamén fuxiron, entre outras persoas, os paisanos: Constantino García Rial, albanel; Severino Iglesias Siso, comerciante e alcalde de Noia; Francisco Martínez Agra, político de ER de Noia; José Pedreira Bures, mecánico e concelleiro de Noia; Manuel Tobío Romaní, fogueiro e alcalde de Muros; Miguel Vázquez Valiño, zapateiro; Maximino Martínez Fernández, mariñeiro, e Manuel Mayo Fernández, mariñeiro.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.

Combate como miliciano no exército republicano durante a guerra civil na Agrupación Confederal Galaica. Pasou de Euskadi ao Principado de Asturias e integrouse no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, acadando o grao de tenente axudante da 1ª Sección da 42ª Compañía deste batallón.

Morte rexistrada no Alto do Acevo cando regresaba a Galicia despois da caída da fronte asturiana. Represaliado cun grupo de persoas.

Segundo Imanol, nunha publicación no xornal Diagonal, a finais de outubro de 1937, despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra e unirse aos escapados que alí se agochaban. Entre eles estaban: José Balado Gil, José-María Barros Germade, Manuel Bugallo Lois, Maximino Díaz Bugallo, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey, Serafín Varela Platero, Enrique Viadero Haya, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.

Na noite do 29/30 de outubro chegaron ao Porto do Acebo, A Fonsagrada (Lugo), onde fixeron dous grupos e durmiron en dúas cantinas; a que estaba máis achegada a Galicia asaltouna un numeroso grupo de gardas civís e falanxistas, que sorprenderon aos nove que alí se atopaban, aos que arrestaron e executaron. O outro grupo, alertado polos tiros, estableceu combate cos represores, matando ao falanxista Emilio Villar. Nos días posteriores capturaron e mataron a José Moreno e a Manuel Bugallo; a José-María Barros e a Julián Carballo prendéronos o día 04/11/1937. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Erguido e Víctor Paradela.

Soterrárono nunha fosa común en Grandas de Salime (Principado de Asturias).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.