← Volver atrás

Neu Maroñas, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de San Martiño de Lesende, Lousame (A Coruña).

Militante da CNT e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Lousame.

Fuxido.

Xulgado en consello de guerra na Coruña por tenencia ilícita de armas, na causa 678/36, co resultado de sentenza de sobresemento.

O tribunal xulgador ditou autos de sobresemento para: Enrique Froján Balado, Mario-Leoncio Gómez Martínez, Manuel Mato Maroñas, José Neu Maroñas, Francisco Pérez Castro, José Soñora Ons e Marcelino Vilas Froján.

Cando se produce o golpe militar Francisco Marín Moya desenvolvía a capitanía dos carabineiros da zona e mantivo as guarnicións fieis á República, tomando o control de toda a zona e acuartelando ás súas forzas, uns 90 homes, en Noia (A Coruña). Eran carabineiros de Noia, Muros, Esteiro, Lira, O Freixo, Porto do Son, Corrubedo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Corcubión, Cee, Muxía e Camariñas, aos que concentraron entre o 20 e o 22 de xullo.

Co alcalde interino de Muros, José Veloso Mayo, Trotski, acordou, o día 24 de xullo, a incautación dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Cando tivo aviso de que o día 26 soldados de Artillería de Santiago de Compostela (A Coruña) querían tomar Noia, trasladou en camións a Muros aos republicanos e carabineiros que quixeran escapar.

Foxe nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa, o día 26/07/1936 desde Muros ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.