← Volver atrás

Sendón Sendón, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Carnota
(A Coruña)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Carnota
- 01/01/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 23 anos. Veciño de Muros (A Coruña) en 1936.

Fuxido.

Nos últimos días de xullo de 1936 presentáronse na súa casa un considerable grupo de falanxistas para prendelo, xa fuxira e non estaba na casa.

A policía franquista sinalouno como un dos 47 fuxidos nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.

Na realidade ocultouse no Monte Pindo, San Clemente do Pindo, Carnota, durante dez anos. Foi dos poucos que escapou das redadas da Garda Civil, que a finais de 1938 dirixiu o tenente coronel José Bujalance Frías.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha