← Volver atrás

Maneiro Becerra, Fermín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

San Martiño de Lesende, Lousame
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 17/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, labrego, sindicalista e político, 35 anos. Casado. Veciños de Lesende.

Dirixente do Sindicato de Mineiros de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame, da CNT.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o alzamento foi un dos mineiros que acudiu á Coruña na defensa da II República. Volveu a Lousame ao ser rechazados polos militares rebeldes.

Foxe nos vapores Santa Eulalia e Santa Rosa desde Muros e cara a zona leal. Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete (Biscaia).

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.

Combate no exército republicano durante a guerra civil na fronte asturiana nun batallón integrado por milicianos da CNT.

Estando no Principado de Asturias participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica de Asturias en novembro de 1936. Loitou no Batallón Víctor.

Prendérono os sediciosos despois da caída da Fronte Norte cando tentaba escapar no vapor Mont Seny; ingresárono o día 04/01/1938 na prisión de El Coto, en Xixón.

Xulgado en consello de guerra en Xixón, o día 03/03/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono en Xixón.

Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de El Sucu, Ceares, Xixón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.