Nacemento:
Morte:
Zapateiro, xornalista, político e sindicalista, 26 anos. Casou en Noia con Dolores Romero Agra; tiveron un fillo: Andrés. Veciños de Noia. Aprendiz de zapateiro ata os 18 anos. Marchou á República Arxentina no ano 1928 fuxindo do servizo militar e regresou en 1931; volveu para a República Arxentina en 1932.
Militante da CNT. Regresou da emigración en 1935 e afiliouse a Esquerda Republicana (ER); elixírono concelleiro de Noia en marzo de 1936 e foi tenente de alcalde. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Noia de 1936, entre outras persoas, a: Germán Vidal Barreiro (alcalde), exiliado; Manuel Mariño Boullón, fuxido; Francisco Fernández Rodríguez, encarcerado; José Vieites Malvárez, sancionado; José Pedreira Bures, procesado; Francisco Martínez Agra, fuxido; Severino Iglesias Siso (tamén alcalde na substitución de Germán Vidal Barreiro), procesado e fuxido; Isidoro García Castelo, fuxido; José Mato Blanco, encarcerado.
Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o golpe militar Francisco Marín Moya desenvolvía a capitanía dos carabineiros da zona e mantivo as guarnicións fieis á República, tomando o control de toda a zona e acuartelando ás súas forzas, uns 90 homes, en Noia. Eran carabineiros de Noia, Muros, Esteiro, Lira, O Freixo, Porto do Son, Corrubedo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Corcubión, Cee, Muxía e Camariñas, aos que concentraron entre o 20 e o 22 de xullo.
Co alcalde interino de Muros (A Coruña), José Veloso Mayo, Trotski, acordou, o día 24 de xullo, a incautación dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Cando tivo aviso de que o día 26 soldados de Artillería de Santiago de Compostela (A Coruña) querían tomar Noia, trasladou en camións a Muros aos republicanos e carabineiros que quixeran escapar.
Foxe nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa, o día 26/07/1936 desde Muros ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.
Os fuxidos eran os membros do Corpo de Carabineiros: Francisco Marín Moya, Policarpo Aragoncillo Merodio, Ricardo Sánchez Ortega, Adolfo Rodrigo Conde, Fernando Mata Cayetano, Víctor García Yagüe, Ramón Pereira Barreiro, Agustín Rodríguez Alonso-Chaves, Saturnino Montero Simón, Manuel Sánchez Ortiz, Manuel Santos Burruel, Victoriano Sánchez Moreno, Teófilo Vasco Santaolalla, Antonio Díaz Ruiz, Sebastián Martín Cuadrado, Manuel Fernández Costa, Justo Gómez Vergés, Ricardo del Puerto Prado, Francisco Viviani Casas, Agustín Cañestro Rojas, David Pérez González, Severiano Morales Ropero, Florentino Gómez Acedo, José García Blázquez, José García Magdaleno, Manuel Gómez Cano, Emilio Hernando Fresno, Aurelio Juez Pastor, Felipe Vera Vera, Pablo Díaz Sierra, Romualdo Sánchez Donato, Manuel Arenal Martín, Eduardo Puente García, Manuel del Rey Rodríguez, Ricardo Solana Fernández, Federico Guardia Helguera, Domingo Lemus Suárez, Ramón López López e Prudencio Romo Rodríguez.
Tamén fuxiron, entre outras persoas, os paisanos: Constantino García Rial, albanel; Severino Iglesias Siso, comerciante e alcalde de Noia; Francisco Martínez Agra, político de ER de Noia; José Pedreira Bures, mecánico e concelleiro de Noia; Manuel Tobío Romaní, fogueiro e alcalde de Muros; Miguel Vázquez Valiño, zapateiro; Maximino Martínez Fernández, mariñeiro, e Manuel Mayo Fernández, mariñeiro.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.
Pasou de Bilbao á fronte do Principado de Asturias. Logo, a bordo dun barco inglés chegou a Barcelona, onde formou a Agrupación Radical Galaica (ARG). En Valencia foi secretario da organización do Comité Nacional da CNT.
Pasou a Francia, onde o axudou Severino Iglesias Siso cando o tiñan preso, coa súa dona, no campo de concentración de Bram (Aude, Languedoc-Rosellón, Francia) e logo en Béziers (Hérault, Occitania, Francia). Cando saíu do campo formou parte dun grupo de resistencia contra Franco e que tiña previsto atentar contra o ditador en Donostia (Guipúscoa).
En 1946, xunto con José Sánchez Triñanes, Antonio Martínez, Rafael Muertes e José Vergara, planearon atentar contra Francisco Franco Bahamonde na Coruña.
Ocupou altos cargos dentro do organigrama da CNT no estranxeiro.
Finalmente embarcou en Marsella (Francia) cara Brasil.
No ano 1950 vivía en Brasil, onde abandonou a CNT. En 1956 pasou ao Uruguai. No ano 1964 xa se achaba en Montevideo, onde morreu en 1990.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.