Nacemento:
Morte:
Casou en Noia co zapateiro, xornalista, político e sindicalista Miguel Vázquez Valiño; tiveron un fillo: Andrés. Veciños de Noia.
O seu home foi militante da CNT, regresou da emigración na República Arxentina en 1935 e afiliouse a Esquerda Republicana (ER); elixírono concelleiro de Noia en marzo de 1936 e desenvolveríase como tenente de alcalde.
Vítima colateral.
O seu home foxe desde Muros (A Coruña) nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.
A Miguel xulgárono en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía; pasou de Bilbao á fronte do Principado de Asturias, logo, a bordo dun barco inglés chegou a Barcelona, onde formou a Agrupación Radical Galaica (ARG) e en Valencia foi secretario da organización do Comité Nacional da CNT.
Miguel Vázquez pasou a Francia ao remate da contenda española e en 1946, xunto con José Sánchez Triñanes, Antonio Martínez, Rafael Muertes e José Vergara, planearon atentar contra Francisco Franco Bahamonde na Coruña.
Finalmente o seu home exiliouse e embarcou en Marsella para Brasil e, en 1956 pasou ao Uruguai; no ano 1964 xa se achaba en Montevideo, onde morreu en 1990.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.