Nacemento:
Morte:
Mestre e escritor, 45 anos. Veciño de Muros. Mestre nacional de San Xoán de Freixo de Sabardes, Outes (A Coruña) e desde 1929 da escola do Pósito de Pescadores de Esteiro.
Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e foi concelleiro de Muros en 1936.
Depurado. Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o golpe militar depurárono como mestre e suspendérono de emprego e soldo.
Foxe por mar cara Bilbao (Biscaia) na fuxida dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa desde Muros. Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete (Biscaia).
Desenvolveuse como mestre do Grupo Escolar Goya en Madrid. Pasa a Barcelona onde impartiu clases en Castellar del Vallés, Peralada e La Selva del Mar.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.
Coa derrota da República pasou a un campo de concentración en Francia, país no que solicitou emigrar a México.
O día 22/11/1939 chegou a Venezuela e logo ao exilio definitivo en Bos Aires (República Arxentina). Volveu a Galicia en 1947.
Reincorporado ao Maxisterio, exerceu en San Xosé de Ribarteme, As Neves (Pontevedra) entre 1957 e 1960 e, tempo andado, en Esteiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.