← Volver atrás

García Yagüe, Víctor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Burgos
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carabineiro, 47 anos. Veciño da rúa Alta, 12-5º, en Noia (A Coruña). Brigada do Corpo de Carabineiros con destino en Noia.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar Francisco Marín Moya desenvolvía a capitanía dos carabineiros da zona e mantivo as guarnicións fieis á República, tomando o control de toda a zona e acuartelando ás súas forzas, uns 90 homes, en Noia. Eran carabineiros de Noia, Muros, Esteiro, Lira, O Freixo, Porto do Son, Corrubedo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Corcubión, Cee, Muxía e Camariñas, aos que concentraron entre o 20 e o 22 de xullo.

Co alcalde interino de Muros, José Veloso Mayo, Trotski, acordou, o día 24 de xullo, a incautación dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Cando tivo aviso de que o día 26 soldados de Artillería de Santiago de Compostela querían tomar Noia, trasladou en camións a Muros aos republicanos e carabineiros que quixeran escapar.

Foxe nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa, o día 26/07/1936 desde Muros (A Coruña) ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.

Os fuxidos eran os membros do Corpo de Carabineiros: Francisco Marín Moya, Policarpo Aragoncillo Merodio, Ricardo Sánchez Ortega, Adolfo Rodrigo Conde, Fernando Mata Cayetano, Víctor García Yagüe, Ramón Pereira Barreiro, Agustín Rodríguez Alonso-Chaves, Saturnino Montero Simón, Manuel Sánchez Ortiz, Manuel Santos Burruel, Victoriano Sánchez Moreno, Teófilo Vasco Santaolalla, Antonio Díaz Ruiz, Sebastián Martín Cuadrado, Manuel Fernández Costa, Justo Gómez Vergés, Ricardo del Puerto Prado, Francisco Viviani Casas, Agustín Cañestro Rojas, David Pérez González, Severiano Morales Ropero, Florentino Gómez Acedo, José García Blázquez, José García Magdaleno, Manuel Gómez Cano, Emilio Hernando Fresno, Aurelio Juez Pastor, Felipe Vera Vera, Pablo Díaz Sierra, Romualdo Sánchez Donato, Manuel Arenal Martín, Eduardo Puente García, Manuel del Rey Rodríguez, Ricardo Solana Fernández, Federico Guardia Helguera, Domingo Lemus Suárez, Ramón López López e Prudencio Romo Rodríguez.

Tamén fuxiron, entre outras persoas, os paisanos: Constantino García Rial, albanel; Severino Iglesias Siso, comerciante e alcalde de Noia; Francisco Martínez Agra, político de ER de Noia; José Pedreira Bures, mecánico e concelleiro de Noia; Manuel Tobío Romaní, 37 anos, fogueiro e alcalde de Muros; Miguel Vázquez Valiño, zapateiro; Maximino Martínez Fernández, mariñeiro, e Manuel Mayo Fernández, mariñeiro.

Combate no exército republicano no decurso da guerra civil e acada o grao de tenente.

Capturado polas tropas fascistas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á rebelión, na causa 516/36, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Este tribunal militar condenou á pena de morte a Francisco Marín Moya; penas de cadea perpetua para: David Pérez González, Ricardo del Puerto Prado, Ricardo Sánchez Ortega e Felipe Vera Vera; pena de 20 anos de cadea para Antonio Díaz Ruiz; a 15 anos castigaron a: Justo Gómez Vergés e Severiano Morales Ropero; penas de 12 anos para: Policarpo Aragoncillo Merodio, Manuel Arenal Martín, Agustín Cañestro Rojas, Manuel Fernández Costa, José García Magdaleno, Víctor García Yagüe, Florentino Gómez Acedo, Aurelio Juez Pastor, Domingo Lemus Suárez, Sebastián Martín Cuadrado, Fernando Mata Cayetano, Saturnino Montero Simón, Ramón Pereira Barreiro, Eduardo Puente García, Manuel del Rey Rodríguez, Agustín Rodríguez Alonso-Chaves, Prudencio Romo Rodríguez, Romualdo Sánchez Donato, Victoriano Sánchez Moreno, Manuel Santos Burruel, Ricardo Solana Fernández, Teófilo Vasco Santaolalla e Francisco Viviani Casas; declararon fuxidos a: Pablo Díaz Sierra, José García Blázquez, Manuel Gómez Cano, Federico Guardia Helguera e Manuel Sánchez Ortiz.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.