Nacemento:
Morte:
Albanel e sindicalista, 42 anos. Casado. Veciño de Santa Mariña do Obre, Noia. Traballaba na Sociedad General Gallega de Electricidad no encoro do Tambre.
Membro do Sindicato de Oficios Varios de Noia da CNT.
Acusárono da queima dos santos da Capela de San Bernardo.
Executado.
Participou en Noia na defensa da legalidade republicana fronte aos sediciosos.
Cando se produce o golpe militar Francisco Marín Moya desenvolvía a capitanía dos carabineiros da zona e mantivo as guarnicións fieis á República, tomando o control de toda a zona e acuartelando ás súas forzas, uns 90 homes, en Noia. Eran carabineiros de Noia, Muros, Esteiro, Lira, O Freixo, Porto do Son, Corrubedo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Corcubión, Cee, Muxía e Camariñas, aos que concentraron entre o 20 e o 22 de xullo.
Co alcalde interino de Muros, José Veloso Mayo, Trotski, acordou, o día 24 de xullo, a incautación dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Cando tivo aviso de que o día 26 soldados de Artillería de Santiago de Compostela (A Coruña) querían tomar Noia, trasladou en camións a Muros aos republicanos e carabineiros que quixeran escapar.
Foxe nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa, o día 26/07/1936 desde Muros (A Coruña) ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.
Os fuxidos eran os membros do Corpo de Carabineiros Francisco Marín Moya, Policarpo Aragoncillo Merodio, Ricardo Sánchez Ortega, Adolfo Rodrigo Conde, Fernando Mata Cayetano, Víctor García Yagüe, Ramón Pereira Barreiro, Agustín Rodríguez Alonso-Chaves, Saturnino Montero Simón, Manuel Sánchez Ortiz, Manuel Santos Burruel, Victoriano Sánchez Moreno, Teófilo Vasco Santaolalla, Antonio Díaz Ruiz, Sebastián Martín Cuadrado, Manuel Fernández Costa, Justo Gómez Vergés, Ricardo del Puerto Prado, Francisco Viviani Casas, Agustín Cañestro Rojas, David Pérez González, Severiano Morales Ropero, Florentino Gómez Acedo, José García Blázquez, José García Magdaleno, Manuel Gómez Cano, Emilio Hernando Fresno, Aurelio Juez Pastor, Felipe Vera Vera, Pablo Díaz Sierra, Romualdo Sánchez Donato, Manuel Arenal Martín, Eduardo Puente García, Manuel del Rey Rodríguez, Ricardo Solana Fernández, Federico Guardia Helguera, Domingo Lemus Suárez, Ramón López López e Prudencio Romo Rodríguez.
Tamén fuxiron, entre outras persoas, os paisanos Constantino García Rial, albanel; Severino Iglesias Siso, comerciante e alcalde de Noia; Francisco Martínez Agra, político de ER de Noia; José Pedreira Bures, mecánico e concelleiro de Noia; Manuel Tobío Romaní, fogueiro e alcalde de Muros; Miguel Vázquez Valiño, zapateiro; Maximino Martínez Fernández, mariñeiro, e Manuel Mayo Fernández, mariñeiro.
En Bilbao (Biscaia) destacárono a tarefas de vixilancia. Participou na defensa de Cantabria, onde o capturaron os franquistas; estivera en fuga e entregouse en Castro Urdiales (Cantabria).
Pasou pola prisión de El Dueso, Santoña (Cantabria). Liberado, volveu á súa casa en Balbargos en setembro de 1937; estivo entobado, pero prendérono os falanxistas pola denuncia dun veciño no mes de setembro de 1938 e ingresárono na cadea de Noia; logo trasladárono ao cárcere da Falcona, no Pazo de Raxoi na capital compostelá.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 1263/37, co resultado de sentenza á pena de morte. A acusación baseábase en feitos que estaban lonxe da realidade (líder dos rebeldes, espionaxe, líder obreiro, borracho habitual, marxista...).
O día 05/02/1938 trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.
Fusilárono os franquistas ás 05:30 h na Coruña nas proximidades da Polvoreira de Durmideiras, na Punta Herminia.
Soterrárono o día 11 de maio nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julián Carballo Gómez e José Louzán Pardo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.