← Volver atrás

Novás Naya, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Vilaboa, Santa María de Rutis, Culleredo
(A Coruña)
- 25/04/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto do Acevo, San Bartolo de Monteseiro, A Fonsagrada
(Lugo)
- 29/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cociñeiro, militar e sindicalista, 31 anos. Solteiro. Veciño de San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña). Emigrado en Cuba, de onde o deportaron nos primeiros momentos da II República.

Afiliado á Unión Campesiña de San Pedro de Nós en xullo de 1932, da CNT, onde desenvolveu postos de responsabilidade.

Polas súas actividades revolucionarias estivo encarcerado na Prisión Central de Burgos ata a amnistía da Fronte Popular (FP).

Colaborou cos xornais da CNT Solidaridad Obrera e Solidaridad.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o golpe militar participou na loita antigolpista e, logo, ocultouse na súa casa.

O día 05/01/1937 foxe desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias), na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara o sindicato El Despertar Marítimo, da CNT coruñesa, con dous pesqueiros.

Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.

Ingresou na Agrupación Confederal Galaica e combateu na fronte asturiana no Exército Popular republicano na guerra civil desde xaneiro de 1937, no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, onde acada o grao de capitán.

Despois da caída da fronte asturiana e cando regresa á casa con outros compañeiros, morreu no Alto do Acevo.

A finais de outubro de 1937, despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra e unirse aos escapados que alí se agochaban. Entre eles estaban: José Balado Gil, José-María Barros Germade, Manuel Bugallo Lois, Maximino Díaz Bugallo, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey, Serafín Varela Platero, Enrique Viadero Haya, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.

Na noite do 29/30 de outubro chegaron ao Porto do Acevo, A Fonsagrada (Lugo), onde fixeron dous grupos e durmiron en dúas cantinas; a que estaba máis achegada a Galicia asaltouna un numeroso grupo de gardas civís e falanxistas, que sorprenderon aos nove que alí se atopaban, aos que apresaron e executaron. O outro grupo, alertado polos tiros, estableceu combate cos represores, matando ao falanxista Emilio Villar. Nos días posteriores capturaron e mataron a José Moreno e a Manuel Bugallo; a José-María Barros e a Julián Carballo prendéronos o día 04/11/1937. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Erguido e Víctor Paradela.

Soterrárono con doce compañeiros nunha fosa común no alto do Acevo..

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.