← Volver atrás

Sanjurjo López, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueiro e sindicalista, 42 anos. Casou con Josefa Rilo Pérez; tiveron dúas fillas e dous fillos: Josefa, Manuela, Julio e Fernando. Veciños da Coruña. Irmán de Santiago Sanjurjo López, executado.

Membro ao Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) El Despertar Marítimo da Coruña, do que chegou a ser presidente. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do alzamento estivo agochado na casa de Manuel Montes Don, familia coa conviviu uns durísimos 14 meses.

Julio figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Foxe desde A Coruña na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria) o día 05/01/1937 e chegaron a Brest, Finisterre (Francia).

Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón (fuxida da Conchita) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Devolto a Barcelona polos franceses, enrolouse nun petroleiro da Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA), co que marchou a Marsella (Francia) cando os franquistas se fixeron con Cataluña, cidade na que permaneceu ata o ano 1941.

Volveu á Coruña no 1941, prendérono e procesárono.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á rebelión na causa 409/42.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, deixárono en liberdade condicional provisoria o día 03/04/1943, que se publicou no BOE nº 107 do día 17/04/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha