Nacemento:
Morte:
Casou co fogueiro e sindicalista Julio Sanjurjo López; tiveron dúas fillas e dous fillos: Josefa, Manuela, Julio e Fernando. Veciños da Coruña.
O seu home foi membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) El Despertar Marítimo da Coruña, do que chegou a ser presidente e socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Vítima colateral.
Despois do alzamento Julio estivo agochado na casa de Manuel Montes Don; foxe o día 05/01/1937 desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria). O seu home logrou chegar a Brest, Finisterre (Francia); os franceses devolvérono a Barcelona, enrolouse nun petroleiro da Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA), co que marchou a Marsella (Francia) cando os franquistas se fixeron con Cataluña.
Julio Sanjurjo volveu á Coruña no 1941, prendérono, procesárono, encarcerárono e o día 03/04/1943 saíu en liberdade da Prisión Provincial da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.