← Volver atrás

Zas Martínez, Maximino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado, 32 anos. Veciño da Coruña.

Fuxido.

Foxe o día 05/01/1937 desde A Coruña cara a Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), con outros anarquistas agochados e coa colaboración de El Despertar Marítimo, da CNT. Maximino participou con outras tres persoas para mercar a dita lancha. Fuxían 23 persoas, das que unhas vinte eran da Federación Local Obreira (FLO) da CNT.

Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.

Na travesía cambiaron o nome da lancha polo de A Libertaria; chegaron ao porto de Xixón (Principado de Asturias) o día 07/01/1937 e moitos integráronse no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias da República.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón (fuxida da Conchita) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha