← Volver atrás

Martínez Fuster, Honorato

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Madrid
(Madrid)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Vendedor, 24 anos. Veciño da Coruña. Entre 1934 e 1936 traballou na Coruña como vendedor ambulante.

Militante do Sindicato de Oficios Varios da CNT.

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado marchou a Xixón (Principado de Asturias). Membro do grupo Tierra da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Miliciano do Batallón Onofre e, desde primeiros de 1937 do 219º Batallón Galicia.

Colaborador de Acracia (Lleida) e Liberación (Alacante).

Despois da caída da Fronte Norte prendérono os franquistas e ingresárono nun campo de concentración; logrou fuxir á zona republicana e incorporouse á 92ª Brigada da 70ª División republicana.

No ano 1942 atópase en Galicia para o estudo de obxectivos militares e a eorganización da CNT. Neste ano contacta con Moisés Erguido Blanco, Julio Roca Gantes e José Blanco Casas. No mes de maio de 1942 arrestárono en Ourense.

Xulgado en  consello de guerra en xuño de 1942 e condenado a cadea perpetua.

Liberado no ano 1959, intégrase no Comité Nacional da CNT. Prendérono os franquistas en outubro de 1961 e ingresárono na cadea.

Cando o puxeron en liberdade marchou a Francia e non volveu a España ata os anos oitenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha