Nacemento:
Morte:
Escritor, xornalista e orador, 39 anos. Veciño da Coruña. A primeiros dos anos vinte emigrou á República Arxentina e logo aos Estados Unidos. Volveu a Galicia no 1932.
Publicou en varios xornais e dirixiu Solidaridad Obrera.
Propagandista anarquista e anarcosindicalista. Formou parte do Comité Rexional da Confederación Rexional Galaica (CRG) e do Comité Nacional da CNT. Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Orador anticlerical, participou en moitos mitins por toda España.
Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, trasladouse a Lousame e traballou nas Minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña), pola recomendación de Enrique Fernández Maneiro. Coincidiu alí con Ramón Rodríguez Varela, Curuxás. Nestas minas converteuse no mestre dos fillos dos mineiros.
A finais de 1935 volveu ás xiras propagandísticas.
En maio de 1936 pasou a Huelva para traballar nas minas de Riotinto e colaborou co Sindicato da Industria Pesqueira (SIP).
Fuxido.
Loitou contra do alzamento dos sublevados en Huelva ata que os rebeldes ocuparon a cidade a primeiros de agosto de 1936. Foxe a Casabranca (Marrocos) nun pesqueiro e logo a Alxeria.
En outubro de 1936 está en Madrid traballando no xornal da CNT. Máis tarde pasou a Valencia, onde simpatizou con Luis Chamorro e Manuel Pita Armada. En xullo de 1937 desprazouse a México e aos Estados Unidos con outros, para facer propaganda en favor da República.
Falece de tuberculose en Nova York a finais de novembro de 1937, no desenvolvemento da dita xira.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.