Nacemento:
Morte:
Mecánico fresador e sindicalista, 31 anos. Veciño de Lousame (A Coruña). Traballa nas minas de volframio de San Fiz de Lousame.
No ano 1931 participou na constitución do Ateneo Sindicalista Libertario en Vigo e presidiu o Centro de Estudos Sociais da FLSU.
Organizou o Sindicato Metalúrxico da CNT. En 1934 puxo en marcha o Sindicato de Mineiros e de Profesións Varias das Minas de San Fins, en Lousame, vencellado tamén á CNT, con Claro-José Sendón Lamela (ao que recomendara Enrique para que entrase a traballar nas minas) e Ramón Rodríguez Varela, Curuxás.
O día 06/01/1936 elixírono secretario xeral do Comité da Confederación Rexional Galaica (CRG).
Fuxido.
Despois do movemento faccioso refuxiouse nos montes do Confurco. As autoridades fascistas emitiron unha requisitoria contra el en xaneiro de 1937.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 295/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste xuízo ditaron a pena de morte para: Jesús Castiñeiras Redondo e José Pedreira Bures; auto de sobresemento para: José Castro Blanco, Francisco García Cruces, José-Ramón Gómez Martínez, Ruperto Martínez González, Juan-Antonio Miranda Gutiérrez, Manuel Paiva Martínez, Ramón Prego N. e Manuel de los Santos de la Concepción; declararon fuxidos a: Enrique Fernández Maneiro e Severino Iglesias Siso.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sedición na causa 1236/36.
Procesaron neste xuízo, entre outras persoas, a: Enrique Fernández Maneiro, Abelardo López Lousame e Constantino Nieto García. Declararon fuxido a José Paz Fernández.
Foxe e refúxiase nos montes do Confurco ata 1940, data na que se presenta as novas autoridades, despois de desbotar unirse ao guerrilleiro Curuxás.
No ano 1942 colaborou en Vigo coa rede de espionaxe aliada e mantivo contactos coa CNT clandestina.
Concedéronlle o sobresemento definitivo no ano 1967.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.