Nacemento:
Morte:
Mineiro, 40 anos. Casado; tiñan dúas fillas: Graciana e Alcira. Veciños de Fontán, Santa Baia de Logrosa, Negreira. Estivo emigrado na Habana (Cuba). Traballou nas minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña).
Militante da CNT. Contador do Sindicato de Oficios Varios de Lousame.
Executado.
Prendérono os franquistas na casa dos seus sogros; acusárono de queimar santos e de guindalos ao mar en Noia (A Coruña).
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 295/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste xuízo ditaron a pena de morte para: Jesús Castiñeiras Redondo e José Pedreira Bures; auto de sobresemento para: José Castro Blanco, Francisco García Cruces, José-Ramón Gómez Martínez, Ruperto Martínez González, Juan-Antonio Miranda Gutiérrez, Manuel Paiva Martínez, Ramón Prego N. e Manuel de los Santos de la Concepción; declararon fuxidos a: Enrique Fernández Maneiro e Severino Iglesias Siso.
Fusilado no cemiterio de Boisaca.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.