← Volver atrás

Rodríguez Rego, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou na Coruña no ano 1930 co mariñeiro, estibador e sindicalista José-Luis Chamorro Castro. Veciños da Coruña. O seu home traballou como estibador no porto da Coruña e durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja en barcos como enfermeiro marítimo. Chamorro era anarcosindicalista e militante da CNT, socio do Centro de Estudos Sociais Germinal, pertenceu ao Sindicato de Estibadores e exerceu de delegado da Confederación Rexional Galaica (CRG); coa proclamación da II República José-Luis volveu á Coruña e destacou na CNT polo seu aliñamento coas posturas máis radicalizadas e as súas accións na Federación Anarquista Ibérica (FAI) e nos Grupos de Defensa.

Vítima colateral.

Despois do alzamento rebelde, o día 05/01/1937, Chamorro foxe desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara con dous pesqueiros o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa, e coa derrota definitiva dos republicanos trasladouse a Casabranca (Marrocos).

Residindo xa en Francia o seu home participou na resistencia francesa diante dos nazis.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha