← Volver atrás

Castro Rodríguez, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueiro, 35 anos. Veciño da Coruña. Fogueiro do vapor boniteiro Explorador.

Pertencía ao sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT.

Encarcerado.

O pesqueiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á súa tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937 cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo.

Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro; Andrés Bilbao García, albanel; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro; José Feito García, barbeiro; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro; Alejandro Paz González, mariñeiro; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro e organizador.

Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro; Primitiva Lodeiro Otero, modista; José Longueira Bermúdez, pintor; Laura Lorenzo García, leiteira; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro e Antonio Torres López.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1091/37, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.