Nacemento:
Morte:
Chocolateiro, 49 anos. Casado con Carmen. Veciños da Coruña. Pai de Antonio Naya Mariñas, encarcerado e de Francisco Naya Mariñas, fuxido e exiliado. Chocolateiro na praza de Santa Catalina, na Coruña, onde axudaba ao seu fillo Francisco.
Destacado dirixente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña, na que participou na súa reorganización en setembro de 1924, e militante da UXT.
Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Paseado.
Antonio figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Morte rexistrada ás 02:00 h na Coruña cando o conducían ao cemiterio municipal de San Amaro desta cidade.
Morreu dunha malleira que lle causou unha hemorraxia cerebral. Semella que o asasinaron por non delatar o agocho do seu fillo Antonio Naya Mariñas, tamén dirixente socialista coruñés. Mallárono ata a súa morte, sobre as 02:00 h.
Soterrárono o día 22 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña. Trasladárono a un nicho en xaneiro de 1942.
Ábrese un proceso na Coruña, a causa 136/37, por mor do seu pasamento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.