← Volver atrás

Longueira Bermúdez, Tomás

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico, 21 anos. Casado e pai dun bebé de dous meses. Veciños do barrio de Labañou, San Pedro de Visma, na Coruña. Irmán de José Longueira Bermúdez, tamén executado.

Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) da Coruña e do ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva.

No ano 1933 implicárono no intento revolucionario que promoveu a CNT en San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña), onde resultou ferido no peito por un garda de asalto e hospitalizado, despois dun ataque á unha gasolineira naquela localidade.

Executado.

Prendérono os franquistas e acusárono de participar na tentativa revolucionaria nos cuarteis coruñeses do outono de 1936.

Fusilárono no Campo da Rata, na Coruña.

Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barreiro Méndez, Cristóbal Feliú Lourido, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz, Adolfo Ponte Rodríguez e Manuel Seoane Díaz.

Outras fontes sinalan que o seu pasamento se produce o día 9 de outubro de 1936 (15Mpedia, Asociación Isaac Puente...).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha